O martes 21 levouse a cabo o acto de graduación do alumnado de 6º de Ed. Infantil e 6º de Ed. Primaria. Foi un día moi emotivo, no que ambos grupos finalizaban unha etapa da súa escolarización.
Para os nenos e nenas de 6º de EP, este foi o seu último ano no cole, polo que queremos desexarlles moita sorte na súa nova andaiana e recordarlles que poden virnos visitar cando queiran.
Podedes ver as fotos e vídeos dese día pinchando sobre a imaxe.



