martes, 31 de outubro de 2023

Día do lector e a lectora 2023


venres, 3 de novembro, conmemoramos o Día do Lector en memoria de Xosé Neira Vilas, nado un día coma este do ano 1928 en Gres, no concello de Vila de Cruces. O académico é autor dunha das obras máis lidas das #letrasgalegas, 'Memorias dun neno labrego', editada por primeira vez na Arxentina (1961).

Para celebralo, dende os diferentes equipos, realizamos unha divertida e interesante proposta co  propósito de animar ao alumnado a coñecer o noso patrimonio literario e espertar nel o interese  pola lectura.

     

Lectura dun fragmento do libro "Memorias dun neno labrego" realizada por Alberto e Marco.

Sorteo público,  o  día 3/11/2023 ás 12:40 h.
Sorte!!
O gañador, co número 14, é Brais Limia Peón,  de 4º curso  de Educación Infantil. 
E de premio, un libro!
Parabéns, Brais!

                              Rosco: Xosé Neira Vilas

As preguntas deste rosco, desde o A ao Z, coas súas respostas, foi unha proposta do alumnado de todos os cursos de Educación Infantil e Educación Primaria  do CEIP Xoaquín Loriga. Parabéns por este traballo tan interesante e co que aprendemos moito.

Reto II. Anímate a resolver este rosco e non esquezas contabilizar o tempo empregado.

                    Comezamos!👀

👏👏 

Esta é a proposta realizada polo alumnado do centro.

SAMAÍN

  Bo día familias!


O martes 31 tivemos unha xornada terrorífica con actividades de todo tipo, percorremos os corredores para ver a decoración das portas e tivemos lectura monstruosa nas aulas. Logo do recreo tivemos festa e baile e para rematar, no comedor tivemos decoración  e comida especial!









luns, 16 de outubro de 2023

Día das Escritoras 16/10/2023


A DAS ESCRITORAS vénse celebrando desde o ano 2016 para reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia. Cada ano, esta celebración lévase a cabo o luns máis próximo á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. Este ano, no CEIP Xoaquín Loriga, conmemoramos esta data para poñer en valor o legado literario das mulleres, tantas veces esquecidas e relegadas a un segundo plano ao longo da historia. Mulleres valentes cuxa obra, en moitas ocasións, foi ignorada. Rescatar a súa voz é un acto de xustiza e recoñecemento cara a todas elas. Esa é a razón de que hoxe esteamos aquí, na nosa biblioteca, para dar visibilidade á obra de todas as escritoras e máis en profundidade as escritoras en lingua galega, xa que a escrita, dende todos os tempos, tamén ten nome de muller. Queremos enxalzar e apoiar o papel da muller na literatura e na nosa lingua. Rematamos con estes versos de Luísa Villalta , a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas 2024.
 “Onde nós non hai nunca outro destino
 que ser un anónimo fin
ou un glorioso comezo"
Dende o CEIP Xoaquín Loriga reclamamos un comezo glorioso, que non sexa anónimo e que a muller pronuncie o seu nome. 


Para festexar esta data tivemos o privilexio de contar coa desinteresada colaboración de Charo Golmar.  Escritora lalinense, autora de libros de poemas como "Nobelo de Luz" e "No bico do vento", co que estivemos a traballar nestas derradeiras semanas, xunto con outros libros de escritoras en lingua galega. Charo Golmar é muller,  exalumna do centro, mestra e  unha gran sedutora de palabras que, con interesante mensaxe e fondas reflexións, conquistou o noso corazón e foi quen de comunicar o sentir de todas as mulleres escritoras que se dedican a esta bonita profesión. Un pracer contar coa túa amable presenza, Charo. Moitas grazas por compartir con todos e todas un pouquiño do teu tempo.
De xeito colectivo,  todo o alumnado do centro  afondou no estudo sobre a vida e a obra destas escritoras, segundo se recolle na seguinte imaxe.


Con este bonito vídeo  presentan parte do seu traballiño.
Vídeo realizado polo alumnado do centro
Feliz Día das Escritoras!!