xoves, 26 de febreiro de 2026

Celebración día de Rosalía

 

Outro ano mais xuntámonos para celebrar o aniversario de Rosalía de Castro, que celebraría o seu 189 aniversario neste día, 23 de febreiro.

Este ano centrámonos na importancia que lle daba Rosalía a música galega e o gaiteiro como personaxe ou símbolo da nosa terra, Galicia.

Seguro que vos fixástedes na versión do cartel da Feira do Cocido deste ano que fixemos no cole para anunciar as mandas entroideiras.

Pois si, este mural tamén nos representa a Rosalia como galega xunto ao seu marido Manuel Murguía e o gran Castelao, todos eles importantes personaxes galegos.

A Rosalía encantáballe o son da gaita e admiraba moito aos gaiteiros. para ela o gaiteiro era o que mellor entendía a alma de Galicia, eran como os djs daquela época, levando a alegría de festa en festa.

Dicía que o son da gaita era a voz da nosa terra. por iso, os seus versos teñen tanto ritmo que, se pechas os ollos e os lees, parece que estás escoitando unha gaita de fondo. ¡Rosalía era pura música!"

Así que xa sabedes: Cada vez que escoitedes unha gaita, acordádevos de Rosalía.

No cole fixemos unha selección de poemas de Rosalia que falaban de gaiteiros e da música galega, e que parte dos nosos compañeiros e compañeiras ilustraron e recitaron  acompañados da música da gaita galega, que tocou un gaiteiro.

  • Educación Infantil recitará o poema: Imos bebendo
  • 1º, 2º e 3º de Primaria : Has de cantar
  •  3º, 4º e 6 de Primaria: Un repoludo gaiteiro
Podedes ver as fotos pinchando na imaxe: 
Día de rosalia de PILI ......

xoves, 5 de febreiro de 2026

O DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ.

O 30 de xaneiro conmemoramos no noso centro o Día Escolar da Non Violencia e da Paz respondendo entre todos e todas a unha pregunta:

- Pecha os ollos e pensa na Paz. Que ves?

En cada clase o alumnado foi  escribindo palabras, frases ou expresión sobre o que sentían ao pensar na Paz. Estas mensaxes foron escritas en post-it  de cores e despois colocadas no mural da entrada do centro para poder ser contempladas pola comunidade educativa.

Na Aula de Polos Creativos fíxose unha gravación, na que participou alumnado representativo das distintas clases, coas mensaxes escritas nos post-it.