O 30 de xaneiro conmemoramos no noso centro o Día Escolar da Non Violencia e da Paz respondendo entre todos e todas a unha pregunta:
- Pecha os ollos e pensa na Paz. Que ves?
En cada clase o alumnado foi escribindo palabras, frases ou expresión sobre o que sentían ao pensar na Paz. Estas mensaxes foron escritas en post-it de cores e despois colocadas no mural da entrada do centro para poder ser contempladas pola comunidade educativa.
Na Aula de Polos Creativos fíxose unha gravación, na que participou alumnado representativo das distintas clases, coas mensaxes escritas nos post-it.
































Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.