O Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) é unha alteración que pode provocar dificultades para as interaccións sociais, para a comunicación e na que son frecuentes os intereses restrinxidos arredor dunha temática así como posibles movementos estereotipados.
Coñecelo pode axudarnos a relacionarnos mellor coas persoas con TEA e a entender as súas condutas en determinados momentos. Por iso, dende o CEIP Xoaquín Loriga dicímolo ben claro: No CEIP Xoaquín Loriga #EncaixamosTodas!
Animádevos a crear unha peza de puzzle nas vosas casas e mandádenos as fotos para poder crear un vídeo coas vosas achegas. Polo de agora... Aquí vai un adianto por parte do profesorado!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.