A segunda entrega dos contacontos xa está aquí. Tendes á vosa disposición un cartel interactivo para poder conectarvos a partir de mañá. Collede sitio e preparade uns flocos de millo e... que comece a función!
Bea atopou unha cestiña e, cando a abriu, descubriu dentro dela unha moza que durmía. Era tan fina, tan emperiquitada e tan rosada que só podía ser unha princesa de conto. Bea coñece “perfectamente” a historia de "A princesa e o chícharo". Pero certo é que ela tende a xogar cos contos, así que preparádevos para escoitar esta nova versión.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.