venres, 1 de maio de 2020

Pasaporte Carvalho Calero

Como xa sabedes, este ano é o "Ano Carvalho Calero" por ser o homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2020. Aínda que non parece moi probable que o vaiamos traballar dunha maneira conxunta na biblioteca, como en moitas outras ocasións, si que vos imos propoñer unha tarefa para fomentar o coñecemento sobre Ricardo Carvalho Calero e, ao mesmo tempo, dinamizar o uso do galego.

Como imos comprobar o traballo arredor deste escritor galego? Pois con este PASAPORTE. O obxectivo é ir completando cada un dos pequenos retos que se propoñen e ir riscándoos ou facéndolles unha pequena marca. Non vos esquezades de poñerlle unha foto vosa para facelo persoal e intransferible.

Que comece o MES DAS NOSAS LETRAS!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.