venres, 22 de maio de 2020

Roque e Andrea lerchean, por Andrea Bayer

Andrea Bayer é coñecida como contadora de historias, actriz, guionista e directora de teatro. Comezou a súa andaina no ano 1999 e como contadora participou nos inicios de varios proxectos de animación á lectura, como son O salón do libro Infantil e Xuvenil e Pontevedra e A hora do conto de Pontevedra, ademais de recibir unha Mención de honra pola súa historia Dona Margarita e lúa


Tamén foi nomeada aos premios MAX 2013 na categoría de autoría teatral galega, e recibiu varios premios de teatro entre eles o Premio ao mellor espectáculo Infantil na XVIII Feria de Ciudad Rodrigo foi nomeada aos Premios María Casares e recibiu o Premio Barriga Verde 2014.

Mañá, 23 de maio, contaranos o conto "Roque e Andrea lerchean". Que o gocedes!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.