luns, 29 de novembro de 2021

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

    A poboación infantil, os nenos e nenas imitamos a conducta dos maiores, somos o reflexo dos pais e das persoas que conviven arredor nosa, tanto en familia como na mesma sociedade. Por iso deben ser o mellor exemplo, unha influencia positiva e sementar en nós o máis valioso das relación humanas, o amor e a paz. Os nenos e nenas de 4º de primaria preparamos unha dramatización dunha situación cotiá que invita á reflexión. Nós teremos sempre a última palabra e esa será: non, non á violencia!






    Concienciar, educar, coñecer, igualdade, respectar…son palabras ben fermosas para ter en conta hoxe e todos os días do ano. Lamentablemente seguimos vendo actitudes que rompen a convivencia normal entre homes e mulleres, algunas mesmo escondidas en anuncios publicitarios, películas, debuxos animados ou cancións. Por todo isto os nenos e nenas de 6º de primaria decidimos modificar a letra dun coñecido reguetón e cantala.

    



No Xoaquín Loriga seguiremos apostando por unha educación feminista para acadar unha sociedade na que prime a equidade e o respecto.

    

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.