martes, 8 de marzo de 2022

8-M Día Internacional da Muller

Hoxe, 8 de marzo, celebramos o Día Internacional da Muller onde realizamos numerosas actividades nas aulas. A continuación podedes ver dúas actuacións realizadas polo alumnado de 5º e 6º de primaria. Esperamos que vos gusten!!


ENTROIDO

O venres día 25 de febreiro celebramos no noso centro o Entroido, onde o alumnado amosou os seus fantásticos disfraces.

 

mércores, 2 de marzo de 2022

FORMACIÓN NO PLAN DE AUTOPROTECCIÓN E PRIMEIROS AUXILIOS

O pasado martes 22 de febreiro, parte da Comunidade Educativa do CEIP Xoaquín Loriga recibiu unha formación teórico-práctica sobre o Plan de Autoprotección do centro e Primeiros Auxilios. Os contidos que principalmente se trataron foron: pasos a seguir no caso de incendio, uso de extintores, maniobra de Heimlich, posición lateral de seguridade, RCP...

O curso foi impartido por membros do grupo de Emerxencias Lalín, aos cales queremos agradecerlle a súa colaboración.

A continuación deixámosvos un vídeo con algúns momentos do mesmo.