O pasado martes 22 de febreiro, parte da Comunidade Educativa do CEIP Xoaquín Loriga recibiu unha formación teórico-práctica sobre o Plan de Autoprotección do centro e Primeiros Auxilios. Os contidos que principalmente se trataron foron: pasos a seguir no caso de incendio, uso de extintores, maniobra de Heimlich, posición lateral de seguridade, RCP...
O curso foi impartido por membros do grupo de Emerxencias Lalín, aos cales queremos agradecerlle a súa colaboración.
A continuación deixámosvos un vídeo con algúns momentos do mesmo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.