Día Internacional da Concienciación do Autismo.
Con motivo do Día Internacional da Concienciación do Autismo celebrado o 2 de abril, o alumnado do centro, ademais do visionado de diferentes filmes na aula, realizou este mural baixo o lema Unha feliz viaxe pola vida.
Os nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo de EP pintaron os diferentes pictogramas, mentres que o alumnado do 2º e 3º ciclo deseñaron as diferentes palabras para así dar vida e cor a este mural que se pode atopar nun dos corredores do centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.