sábado, 14 de maio de 2022

- LETRAS GALEGAS 2022.

Achégase o 17 de maio, unha data na que conmemoramos o Día das Letras Galegas a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio de 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de "Cantares Gallegos", de Rosalía de Castro.

Pero... por que esta data?

Ben, vexamos un pouco de historia. O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega (Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego) presentaron nesta institución a proposta de celebrar o 17 de maio para recoller o "latexo material da actividade intelectual galega". Estimaban que o poemario de Rosalía era a primeira obra mestra da literatura galega contemporánea, é dicir, considerábana a primeira obra do Rexurdimento. Realmente, descoñécese a data real de publicación do libro, pero tómase ese día pola dedicatoria autógrafa de Rosalía de Castro á tamén escritura Cecilia Böhl de Faber (Fernán Caballero).

Letras Galegas 2022

O homenaxeado este ano nas Letras Galegas 2022 é Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo. Vilamartín de Valdeorras, 1903 - Fair Oaks. California, 1987).

Pero, máis alá da súa obra literaria, centrada toda ela no xénero poético, a súa relevancia nas nosas letras débese a moitas outras razóns. Gurriarán tamén foi articulista en prensa, crítico literario, coordinador editorial, lexicógrafo, tradutor e corrector. Preocupouse ademais por colaborar para que outras e outros autores publicasen as súas obras, e por facilitar que as galegas e galegos puidesen ler na súa lingua pezas poéticas de referencia noutras literaturas.

Pola súa data de nacemento, pode encadrarse na denominada Xeración do 1925, ademais de participar no Grupo Nós, nas Irmandades na Fala, o Seminario de Estudos Galegos e o Partido Galeguista.

Pero o grande legado de Delgado Gurriarán chegaría desde o outro lado do océano. Como outras e outros moitos intelectuais galegos, tras o golpe de Estado que deu lugar á guerra civil tivo que fuxir ao exilio. No seu caso, o lugar escollido foi México, onde desenvolveu un intenso labor para manter alí unha actividade política e cultural que en Galiza resultaba imposible (espazos de encontro da comunidade galega, edición de libros e revistas, defensa da lingua, oposición ao réxime ditatorial...).

Asemade, tamén foi un dos principais intermediarios entre galegas e galegos de México e outras comunidades galegas espalladas polo mundo (especialmente a Arxentina, a máis numerosa e activa), e tamén co denominado "exilio interior", é dicir, aqueles intelectuais que permaneceron nunha situación de silenciamento e marxinalidade.

Participou na posta en marcha de varios proxectos dentro da comunidade galega en México, algúns dos cales tomaron forma de editorial ou de publicación periódica, como a revista "Saudade" ou os libros editados polo Partido Galeguista.

Pero o seu maior legado foi a revista "Vieiros" (1959 - 1968), todo un fito dentro da cultura do noso país que aínda hoxe segue sorprendendo pola súa modernidade, a calidade formal e de contidos e a capacidade dos seus promotores para conseguir a participación de todos os persoeiros da cultura galega da época.

Nº1 da Revista Vieiros:

A súa obra

"Bebedeira", 1934.

"Cancioneiro da loita galega", 1943.

"Poesía inglesa e francesa vertida ao galego", 1949.

"Galicia Infinda", 1963.

"Cantarenas", 1981.

"O soño de Guieiro", 1986.


Entrando na Biblioteca Virtual Galega (BVG), no apartado de "Obras dispoñibeis para lectura", tedes acceso á lectura do libro "Cantarenas". Premendo no seguinte enlace accededes á bliblioteca:

https://bvg.udc.es/index.jsp


Nos seguintes vídeos podedes ver a biografía e obra do autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas realizados por diferentes centros educativos:




Nos seguintes vídeos podedes ver cancións dedicadas tanto ao autor, como adaptacións de poemas seus, con motivo do día das Letras Galegas:

- Manuel Soto Macía, "Florencio Delgado Gurriarán, A Canción". Canción composta por el que fala da vida e obra do autor.

- Anxo Rei, "O ventiño namorouse". O cantautor fai esta adaptación do poema "Ruada", incluído no libro "Bebedeira", para a serie "Polos vieiros de Florencio".

Anxo Rei, "Cantiga da vendima". O cantautor fai esta adaptación deste poema, incluído no libro "Bebedeira", para a serie "Polos vieiros de Florencio".

- Carlos Mariño Pego (Ceip de Olveira), "Muiñada Cantarena".

https://www.ivoox.com/cancion-muinada-cantarena-florencio-delgado-gurriaran-audios-mp3_rf_86548482_amp_1.html


Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos deixarvos tamén algúns recursos que esperamos sexan de utilidade para afondar un pouco na figura de Florencio Delgado Gurriarán.

- Seminario Galán, onde se pode atopar información sobre a vida e obra do autor, así como actividades en liña e tamén para descargar en formato "pdf", adaptadas aos diferentes cursos de educación infantil e educación primaria. Hai tamén unha pequena escolma de textos do autor. Premendo no seguinte enlace accededes á páxina:

http://seminariogalan.org/inicio/2022

- Primavera das letras, onde podedes atopar información sobre a vida e obra do autor dun xeito moi lúdico e atractivo, destinado precisamente, ao alumnado de educación infantil e primaria. Inclúense vídeos de diferentes centros educativos, actividades interactivas, fichas para colorear,...

https://primaveradasletras.gal/

https://primaveradasletras.gal/2022/actividades

- As Letras de Florencio, iniciativa que naceu no seu día para reivindicar o día das Letras Galegas para o autor valdeorrés, ao mesmo tempo que ser embaixadores e representantes do mesmo.

https://asletrasdeflorencio.gal/

- O Portal da Lingua Galega (LG): información, actividades e programación sobre o autor homenaxeado:

https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas

Algunhas das actividades que podedes atopar:

- Xogo de parellas:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcampolongo/aulavirtual/mod/hvp/view.php?id=6914

- Videoxogo:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcampolongo/aulavirtual/mod/quizgame/view.php?id=6908

- Actividade el liña para o 3º ciclo sobre a biografía do autor:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcampolongo/aulavirtual/mod/hvp/view.php?id=6901

- E ti canto sabes de... Florencio Delgado Gurriarán? Unha actividade feita con Genially:

https://view.genial.ly/623b73df9c032100134b0491

- Encrucillado de palabras sobre o autor:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcampolongo/aulavirtual/mod/h5pactivity/view.php?id=6907

Aquí podedes ver este Vídeoclip realizado polo alumnado de 4º curso de Educación Primaria do Ceip do Carballal, de Marín con motivo das Letras Galegas 2022. Sen dúbida, unha boa maneira de pararnos a reflexionar! 


Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propoñemos traballar ao centro nun dos poemas de Florencio Delgado Gurriarán, e que leva por título:
"Aí vén o maio", incluído no seu primeiro libro: "Bebedeira", 1934. 

Con el queremos aproveitar para dar a coñecer unha das tradicións da nosa terra e que pola nosa zona non é moi coñecida: "Os Maios".

Trátase dunha festa popular de orixes ancestrais, que adoita celebrarse o 1 de maio, aínda que o ciclo continúa ata o comezo do verán, na noite de San Xoán.

As orixes desta festa remóntanse a antigas civilizacións como a celta, e acostuma celebrarse noutros moitos lugares de Europa.

Na súa manifestación máis habitual, o festival consiste en realizar diversas representacións arredor dunha árbore ou escultura, chamada maio. Adoita estar constituída por un esqueleto de paus ou táboas en forma de cono, cuberto de arame, que se cobre con carriza, fiúncho ou herba. O armazón está construído sobre unha plataforma que, como unha padiola, permite transportar o maio polas rúas do lugar. Nesta estrutura debúxanse diferentes motivos con flores, follas, fiúncho, fentos, bugallos, froitos ou mesmo ovos... como materiais máis comúns. Por último, o cumio é "coroado" cunha cruz.

Hoxe en día, o imaxinario popular constrúe maios coas máis variadas figuras: pontes, hórreos, cruceiros, casas, animais, figuras humanas, barcos...

Acompañando aos maios hai grupos de persoas: nenas, nenos e maiores que cantan coplas tradicionais, a veces dialogadas (como regueifas), mentres camiñan arredor desa estrutura acompañadas pola percusión de dous paus.

Era habitual tamén pedir aos asistentes un aguinaldo que nalgúns lugares consistía en castañas secas (crocas ou maiolas), noces ou abelás.

Por sorte, dende hai uns anos, estase a recuperar esta festa nalgúns llugares da nosa terra. Podedes velo nos seguintes vídeos:


Pois ben, volvendo de novo ao poema de Florencio Delgado dedicado aos Maios, o cantautor Anxo Rei púxolle música xa hai uns anos aos seus versos:

E este ano, con motivo das Letras Galegas, moitos centros animáronse tamén a facelo:

Ao igual que o poeta Florencio Delgado, outros moitos poetas escribiron versos dedicados a esta festa tan antiga no noso lugar. Quizais un dos máis sonados sexa Manuel Curros Enríquez, co seu poema: "O Maio".

Moitos artistas puxeron voz aos seus versos:

- Luis Emilio Batallán.

- Andrés Suárez.

- Tiro NaTesta.

- Proxecto colaborativo de novas voces galegas.

- SonDeSeu.

Aquí vos deixamos unha pequena escolma do que serán as Letras Galegas este 2022 na nosa escola e o traballo realizado polo alumnado do centro sobre a vida e obra do autor homenaxeado. 


Esperamos que vos guste!



Co recoñecemento das  Letras Galegas este 2022 a Florencio Delgado Guarriarán non só se fai á súa persoa, se non a todas e todos aqueles que mentres trataban de comezar unha nova vida lonxe da súa terra, se dedicaron a (re)construír a identidade e a singularidade da Galiza como cultura, como pobo e como país.


"Florencio Delgado Gurriarán: vida e obra dun poeta valdeorrés". Ricardo Guarriarán.
Ediciós do Castro, Sada. Páx. 332 Carta a Pepe Gayoso. 1980

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.