venres, 6 de maio de 2022

Proxecto Ríos 3º e 4º EP


O pasado día 3 de maio o alumnado do 2º ciclo participou nunha actividade do Proxecto Ríos proposta pola ANPA. Os nenos e nenas achegáronse andando a un tramo do río Asneiro, preto do Pazo de Bendoiro para facer unha medición de parámetros fisioquímicos e observando os macroinvertebrados que viven neste tramo do río.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.