luns, 30 de maio de 2022

Sendeiro Muíño de Cuíña 1º e 2º EP

Dentro do Proxecto de Vida Activa Deportiva - PVAD, estamos a realizar distintas andainas pola contorna. Nesta ocasión, tocoulle o turno aos nenos e nenas de 1º e 2º EP, que realizaron un tramo da ruta do Sendeiro do Muíño de Cuíña. Tamén aproveitamos a saída para visitar o Muíño, onde nos explicaron o seu funcionamento así como as plantacións de arandos e grosellas que hai nos arredores.

Agradecer aos responsables do Muíño a visita e a Emerxencias Lalín o apoio para cruzar na estrada.

Tedes na galería da web do centro fotos sobre a saída. Podedes premer na imaxe para acceder a elas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.