Día das Bibliotecas e Día Internacional contra o Cambio Climático
Como cada 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas e, aproveitando a ocasión, inauguramos a biblioteca do centro para
este curso académico. A maiores, e dada a coincidencia do día co Día Internacional
contra o Cambio Climático, centrámonos na temática medioambiental, relacionada
coa nosa participación no programa Voz
Natura e co noso proxecto de centro que leva por título Compromiso co medio que nos rodea.
Para a conmemoración destes días, os compañeiros e compañeiras de quinto fixéronnos partícipes da representación teatral A Terra está enferma, na que abordamos a problemática real do planeta.
Pola súa banda, as alumnas e alumnos de sexto, xunto coa colaboración doutros rapaces e rapazas dos distintos cursos, interpretaron o rap A reciclaxe, no que destacamos a importancia de reducir o consumo e efectuar unha correcta e selectiva recollida dos residuos.
Así mesmo, tamén fixemos entrega a cada curso de
agasallos para promover o compromiso con esta causa e que todos e todas
poidamos reducir, reutilizar, reciclar e coidar do noso planeta. A continuación
podedes ver os vídeos das actividades que realizamos.



.jpeg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.