xoves, 4 de maio de 2023

Inauguración da Aula de Polos Creativos

Ao longo desta semana tivo lugar a inauguración da nosa aula de Polos Creativos.

Por grupos, todas e todos se achegaron ata a aula para descubrir todos os recursos cos que contamos: impresora 3D, máquina de coser, plóter de corte, robots, lapis 3D, máquina de chapas ou cámara de vídeo, entre outros.

Este primeiro achegamento a todas estas ferramentas fíxose da man de alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria que, previamente, recibiron formación no manexo de todos estes materiais. Deste xeito, no transcurso destes días de inauguración foron eles os encargados de ensinarlle ao resto de compañeiras e compañeiras do cole o uso e manexo de cada material. Contamos ademais coa colaboración de Sandra, que nos guiou e acompañou nas nosas primeiras prácticas coa máquina de coser.

Moitísimas grazas pola vosa disposición e parabéns polo voso bo facer, foron, sen dúbida, unhas fermosas xornadas de descubrir, experimentar e compartir aprendizaxes.























Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.