venres, 24 de novembro de 2023

CELEBRACIÓN DO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Co gallo da celebración do día contra a violencia de xénero o día 25 de novembro, no centro estivemos traballando a igualdade a través de actividades de sensibilización e información durante toda a semana pasada gracias ao traballo de SORORAS, pinchando na imaxe podedes ver algunhas fotografías do que fixeron:               

                                                          

1 Para conmemorar este día animámovos a facer de forma voluntaria un cartel contra a violencia de xénero que podedes facer na clase coa axuda dos mestres ou na vosa casa (podedes pintalo ou facelo no CANVA ou do xeito que queirades, é libre) e podedes envilaos ao correo do cole ceip.loriga@edu.xunta.gal. Con todos eles faremos unha montaxe e expoñerémolos na web do centro.

2 Esta semana aproveitamos a milla diaria para facer a "milla violencia cero"; por aulas fixemos un lema que gravamos e que vos queremos amosar. 

3 Para rematar deixámosvos materiais audiovisuais que poden ser útiles para traballar neste día:

ROSCO PASAPALABRA BOS TRATOS  E BOAS PALABRAS 2º E 3º CICLO


VÍDEO BOAS PALABRAS INFANTIL E 1º CICLO

Para falar e pensar se utilizamos esas palabras máxicas e como nos sentimos!



CORTO: A perruca de Luca



CORTO: O azul, o rosa e outros colores
  

             AUDIOCONTO:  O chuvasqueiro de Aurora              

Canción Aitana "Ni una más"     


Anxo Verde ten unha mesaxe que dar!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.