xoves, 18 de abril de 2024

Abril, mes de concienciación contra o maltrato animal.

O mes de Abril é representado cun lazo laranxa para simbolizar a loita polos dereitos dos animais. Sensibilizar contra o abandono e os malos tratos aos animais, así como concienciar sobre a tenencia responsable de mascotas e fomentar as adopcións, son algúns dos obxectivos que queremos inculcar no noso alumnado e na sociedade.  Nesta semana recibimos a visita de Malibú, unha cadeliña moi cariñosa coa que aprendemos, da man de Adriana, cales son as responsabilidades que implica ter unha mascota e a importancia de adquirir comportamentos cívicos con todas elas. Malibú converteuse nun símbolo de loita contra o maltrato, educando na solidariedade e no respecto a todos os animais. Agradecemos á Casa Grande de Xanceda e a Adriana o xesto desinteresado  que tivo co alumnado do noso centro, facéndonos partícipes desta interesante iniciativa.

O CEIP Xoaquín Loriga (Prado), en colaboración co CEIP Xesús Golmar (Lalín), CEIP Pío Cabanillas Gallas (Dozón), CEIP Nosa Señora de Xuvencos (Boborás), CEIP Terras de Maside (Maside) e Clinica Veterinaria Golmar (Lalín),  desenvolvemos un proxecto de concienciación colectiva baixo o lema "Xuntos contra o maltrato animal",  traballando todos estes valores que Malibú nos quere transmitir. A todos, moitas grazas por participar e colaborar. 

Para evitar que os animais sufran, nós falamos por eles.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.