E para rematar este curso escolar, quixemos facer unha gran festa cunha convivencia na que todos puidemos participar, familias, antigo alumnado e veciñanza.
Comezamos coa exhibición dalgunhas das actividades de este ano, Arte, Pandeireta, Kung Fú e Teatro.Houbo dous Inchables que correron a cargo da empresa SAUDETER aos que lles damos as grazas pola organización e o seu bo facer, facilitándonos en todo momento o traballo e facendo que os cativos e cativas o pasaran xenial con total seguridade.
Tivemos tamén unha zona de karaoke e Just Dance no Salón de actos onde todos puideron demostrar as súas habilidades para o baile e a música, agradecer a Angy a súa colaboración neste espazo.
Agradecer a colaboracíón de Sandra, Santi, Sonia, Cristina, Carol, Mónica, Raquel, Cristina e Beni dos pais e nais que levaron a cabo os obradoiros de chapas, tatuaxes, pintura de caras e de uñas, papiroflexia, construcións con material de refugallo e pulseiras. Vanesa e Lucía, presidenta da ANPA tamén colaboraron na supervisión das colchonetas e no comedor xunto con Carmen, Natalia e Yoli.
Pasamos unha xornada de convivencia que rematarmos cun xantar na carballeira para todos e todas.
Grazas a todos e a todas por acompañarnos neste día, en especial ao profesroado e ao Concello de Lalín. Tedes máis imaxes na galería de fotos da web do centro.
Boas vacacións a toda a comunidade educativa!
.jpg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.