luns, 9 de marzo de 2026

II Feira Educativa de Lalín

 


O pasado día 27 de febreiro tivo lugar a II Feira educativa de Lalín onde participamos todos os colexios do Concello levando os nosos traballos e mostrando parte das actividades que facemos no día a día nos centros educativos.

O colexio de Prado participou nesta xuntanza co proxecto de centro "Coida do clima, coida dos teus", amosando actividades e produtos que favorecen o coñecemento e o coidado do clima como: disdintos xabóns naturais, ambientadores, crema de beizos, tintas naturais, o trampeo das velutinas, pasta de papel, distintas maquetas relacionadas co clima, traballlo sobre a información que aportan os troncos das árbores, traballo sobre o estado do ceo o día do nacemento do alumnado de 1º de primaria,taboas de rexistro do tempo, mostra de cereais autóctonos...
Amais presentamos ao noso meteorólogo o porquiño Xoaquín.

Unha xornada de convivencia onde nenos, profesorado e familias pasamos un día diferente e onde observamos e aprendemos do que fan outros centros.

Agradecer ao Concello de Lalín e ao CFR de Pontevedra a súa implicación para xestionar e organizar toda esta actividade.
😊😊😊





























Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.