Este ano, con motivo do Día das Letras Galegas o alumnado do CEIP XOAQUÍN LORIGA rendeu unha especial homenaxe a periodista, escritora e locutora Begoña Caamaño (Vigo 1964-Santiago de Compostela 2014).
Nas obras e na vida de Begoña o concepto dos “FÍOS” son o eixe simbólico central que conecta a mitoloxía, o feminismo e a importancia da Nosa Lingua.
Este 17 de maio, queremos que cada neno e nena sinta que, ao falar en galego, está poñendo un fío máis para que a nosa lingua e cultura siga medrando forte.
Este foi o noso punto de partida para organizar a conmemoración do Día das Letras Galegas, tecendo fíos de unión, igualdade e amor pola nosa lingua.
Para presentar á escritora dun xeito atractivo e lúdico, unha representación de alumnos dos distintos cursos participaron na gravación dun breve pódcast relacionado coa biografía de Begoña Caamaño ( 4º Educación Primaria) e coa organización das actividades a realizar ao longo desta semana das Letras Galegas.
ANÍMATE A ESCOITALO!👇
Partimos así do pódcast e do libro “ OS FÍOS DE BEGOÑA”, para empezar a tecer a nosa propia historia.
FALANDO GALEGO,
SEMENTANDO IGUALDADE
e TECENDO HISTORIAS
Os nenos e nenas de Educación Infantil foron os encargados de facer esta bonita portada, como punto de partida do noso traballo.
![]() |
| Educación Infantil |
A través dun mural interactivo e artístico exploramos a súa vida e as súas obras, transformando o corredor do colexio nun percorrido de valores a prol da Nosa Lingua.
- UN FÍO AZUL, que nos falará da súa vida e das súas obras, con frases como
![]() |
| 1º e 2º Educación Primaria |
- UN FÍO VIOLETA, para mostrar a Begoña Caamaño como loitadora en prol da igualdade e da xustiza, con frases como.
- O galego sementa palabras únicas para recoller froitos singulares.
- Galego non é medo, galego non é vergoña.
- Agasallar aos avós falando galego.
- Os xogos da nosa terra sempre deben perdurar, nonos deixes de practicar.
- Dalle vida a túa lingua, fala galego.
- Se che gusta o galego dalle a LIKE e subscríbete.
- Para aprender, para pasear e para desfrutar a mellor lingua é o galego.
- Presume do que falas, fala galego.
- Música da terra, baile galego marcan o ritmo do noso latexo.
- Unidos por unha mesma lingua.
![]() |
| 5º Educación Primaria |


















Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.