Outro ano mais xuntámonos para celebrar o aniversario de
Rosalía de Castro, que celebraría o seu 189 aniversario neste día, 23 de
febreiro.
Este ano
centrámonos na importancia que lle daba Rosalía a música galega e o gaiteiro
como personaxe ou símbolo da nosa terra, Galicia.
Seguro que vos fixástedes na
versión do cartel da Feira do Cocido deste ano que fixemos no cole para
anunciar as mandas entroideiras.
Pois si, este mural tamén nos representa a Rosalia como
galega xunto ao seu marido Manuel Murguía e o gran Castelao, todos eles
importantes personaxes galegos.
A
Rosalía encantáballe o son da gaita e
admiraba moito aos gaiteiros. para ela o gaiteiro era o que mellor
entendía a alma de Galicia, eran como os djs daquela época, levando a alegría
de festa en festa.
Dicía
que o son da gaita era a voz da nosa terra. por iso, os seus versos teñen tanto
ritmo que, se pechas os ollos e os lees, parece que estás escoitando unha gaita
de fondo. ¡Rosalía era pura música!"
Así
que xa sabedes: Cada vez que escoitedes unha gaita, acordádevos de Rosalía.
No cole fixemos unha selección de poemas de Rosalia que
falaban de gaiteiros e da música galega, e que parte dos nosos compañeiros e
compañeiras ilustraron e recitaron
acompañados da música da gaita galega, que tocou un gaiteiro.
- Educación
Infantil recitará o poema: Imos bebendo
- 1º, 2º
e 3º de Primaria : Has de cantar
- 3º, 4º
e 6 de Primaria: Un repoludo gaiteiro
Podedes ver as fotos pinchando na imaxe: