venres, 5 de xuño de 2020

Conexión Macarrón, por Ledicia Costas

Ledicia Costas é unha autora viguesa que se dedica profesionalmente á literatura. O ámbito onde é máis prolífica é no da literatura infantil e xuvenil, con 15 obras publicadas. Ten libros traducidos a diversas linguas coma o coreano, italiano, búlgaro, romanés ou persa. É na súa faceta de escritora infantil e xuvenil onde acadou un maior recoñecemento.


A súa obra máis premiada é Escarlatina, a cociñeira defunta, libro que superou os 30.000 exemplares vendidos en lingua galega, onde desmitifica o tema da morte. Con Escarlatina acadou premios coma o Merlín ou o Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, ademais de ser incluído na prestixiosa Lista de Honra do IBBY. A obra xuvenil Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta foi recoñecida co Premio Lazarillo, o máis antigo de todo o Estado, e o Premio White Ravens, que concede a Biblioteca de Munich. Coa novela A balada dos unicornios volve gañar o Premio Lazarillo, ademais do Premio Kelvin 505 á mellor obra de fantasía publicada en España, concedido polo Festival Celsius.

Na súa faciana de escritora para adultos ten publicado o libro de relatos Un animal chamado néboa, Premio Losada Diéguez, e a novela Infamia, publicada en galego por Edicións Xerais e en castelán por Destino.

Os seus últimos títulos son Conexión Macarrón e Vampira de Biblioteca.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.