mércores, 11 de novembro de 2020

Actividades Igualdade e prevención da violencia de xénero

 



O pasado día 23 de outubro e o 28 de outubro celebráronse no centro dúas actividades realizadas por EDUVÍA relacionadas coa igualdade e a prevención da violencia de xénero:

CONTO XOGO: Para o alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria onde Patricia contou un conto aos cativos e cativas en relación á muller, que logo traballaron na aula con actividades relacionadas co conto.

CON CIENCIA DE MULLER: Para o alumnado de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria onde Patricia, caracterizada como muller científica presentou de forma lúdica algunhas das científicas galegas máis destacadas.

CESTOLA NA CACHOLA tamén colaborou nesta tarefa co seu impresionante mural na fachada do centro no que o alumnado colaborou coas súas ideas.

Agardamos sexa do voso agrado o vídeo resumo.

Grazas a todos e todas os que colaborastes!






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.