luns, 1 de novembro de 2021

A NOSA HORTA ESCOLAR


Os nenos e nenas do CEIP Xoaquín Loriga mostran interese polo seu entorno máis próximo e contribúen á humanización dos espazos exteriores plantando árbores e plantas. Aprecian as zonas verdes e participan no seu coidado.

Coa horta escolar aprenden a preparar a terra, a abonala, a plantar os diferentes cultivos en función da época, facendo un seguimento e coidando do cultivo ata chegar á súa colleita.

Neste primeiro trimestre recollemos os froitos cultivados na primavera: cenorias, amorodos, allos, cebolas, leitugas, pementos, tomates,pebidas de xirasol, berenxenas e patacas. Agora xa arrincamos todas as malas herbas e fixemos sementeira e plantación de nabicol.

A seguir traballando!!

“ Fai da túa vida unha horta e planta aquelo que queres recoller”








Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.