martes, 16 de novembro de 2021

OBRADOIROS MEDIOAMBIENTAIS NO RURAL

 O 16 de novembro o alumnado de 4º e 5º de educación primaria gozaron duns talleres medioambientais impartidos  pola empresa Educalecrín e financiados polo Concello de Lalín. Dita actividade contaba cunha pequena parte teórica de coñecemento do medio e dunha parte práctica que se desenvolveu no exterior do centro e rematou coa instalación de varios hoteis para insectos na zona da horta escolar.

Ao alumnado enfeitizaos a natureza e as actividades de observación e coñecemento de ecosistemas.














Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.