xoves, 9 de febreiro de 2023

Entroido



"Días nos que está permitido o que non está no resto do ano... en que se poden facer cousas que noutro tempo parecerían moi mal, serían faltas graves contra da boa crianza e aínda contra as mesmas leis...
O entroido presenta certo aspecto de o mundo ao revés"
Vicente Risco  

Non esquezas participar!

O entroido coñécese tamén como carnaval, que tamén é un termo galego, ou co francés "mardi gras", literalmente "martes graxo".
Na zona norte de Galiza emprégase antroido, ao igual que na Fonsagrada ou Monforte de Lemos, mentres que no sur é máis frecuente entroido que é a forma que a RAG (Real Academia Galega) recoñece como normativa.
 O entroido, ao variar conforme á Pascua e á Coresma, non ten data fixa, pero adoita ser entre os meses de febreiro e marzo, e en todo caso, comezar a finais de xaneiro.
 tempo de entroido abrangue os vinte días anteriores ao mércores de cinza, aínda que nos nosos tempos, a esencia do entroido tende a concentrarse nas tradicionais datas do domingo, luns e martes de entroido.




    O entroido é unha das festas tradicionais máis antigas que se celebran en moitos lugares de Europa. E na nosa terra temos un dos entroidos máis importantes, e dos que aínda a día de hoxe se descoñece a súa orixe.
    A palabra entroido deriva do latín "introidus", que significa "entrada" ou "comezo" da primavera e do rexurdimento da vexetación

    En moitas das zonas da Galiza hai variacións non fundamentais nos días de celebración que poden afectar ao nome dos domingos, pero o significado, as bromas e o enxeño mantéñense.
   Considerando as distintas manifestacións que se poden observar por todo o país, pódense resaltar:
  • Domingo fareleiro
  • Domingo oleiro
  • Xoves de compadres
  • Domingo corredoiro
  • Xoves de comadres
  • Domingo de entroido
  • Luns de entroido
  • Martes de entroido
  • Mércores de cinza
  • Domingo de piñata
    Non en todas as vilas se conservan ou existiron todas estas festividades.
   En canto ás máscaras, segundo as zonas e comarcas, presentan trazos ben diferentes, podendo así distinguir un sen fin de persoeiros, todos interesantes e peculiares. 
    Nos seguintes vídeos veredes un breve resumo dos entroidos máis típicos da nosa terra, algúns deles dos máis antigos e que aínda seguen vivos!


  Aquí van dous contos do entroido da Editorial Xerais, que levan por título: "É tempo de Entroido!" e "Non pare a Festa. É tempo de Entroido 2".
  
    A xa coñecida familia Bolechas tamén nos fala da celebración do Entroido na nosa terra. Se queredes saber o que nos contan, premede no seguinte enlace:
 Outros dos entroidos que lle adicamos o curso pasado unha especial atención é o  Entroido dos Xenerais da Ulla.

    Este entroido das bisbarras do río Ulla inspírase nas loitas que se viviron a principios do século XIX por mor da invasión napoleónica. No 1870 hai xa referencias escritas desta celebración, de gran tradición en Santiago de Compostela, Teo, Touro, Padrón, Boqueixón, Vedra, A Estrada, Silleda e Vila de Cruces.
Atranque de Xenerais da Ulla, na veciña parroquia de Taboada (Silleda) no 1956.

   Nestas vilas, os xenerais e os correos son os grandes protagonistas, que ataviados con vistosos uniformes, percorren as rúas a cabalo acompañados por comparsas e parrandas dando vivas aos veciños. Os actos centrais son os "atranques", batallas dialécticas que manteñen os xenerais (os defensores contra os invasores) e nos que se fala de cuestións de actualidade en ton de burla. Cada lugar mantén a súa propia tradición, polo que en cada zona estes encontros convértense nunha celebración verdadeiramente única.

    Para ir coñecendo un pouco máis sobre os personaxes deste entroido tan próximo, aquí tedes un material editado polos Concellos de Boqueixón, A Estrada, Santiago de Compostela, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces. Trátase de catro cadernos didácticos sobre os Xenerais da Ulla para os diferentes ciclos:

- Unidade Didáctica:
- Material Educación Infantil:
- Material 1º Ciclo Educación Primaria:
- Material 2º Ciclo Educación Primaria:
- Material 3º Ciclo Educación Primaria:

    E como o entroido é diversión, no seguinte vídeo poderedes gozar dunha función de títeres: "As Xeneralas da Ulla", de Títeres Cachirulo
    Inspirándose no que sucede en distintas parroquias e concellos de cada unha das ribeiras do río Ulla durante o entroido, dúas correos e dúas xeneralas, todas a cabalo e engalanadas con vistosos traxes típicos, percorren ás rúas dando vivas ás xentes do lugar, propiciando e motivando o ambiente distendido e festivo, facendo paradas, nas que se intercalan cancións populares, ás veces adaptadas.
    A bandeira que locen correos e xeneralas na súa vestimenta son a da paz, a ecoloxía, a muller e as artes, polo que a liorta dos versos dos seus atranques defende e transmite estes valores.
    No seguinte enlace tedes un material didáctico relacionado coa obra:
    Aquí tedes un breve resumo das actividades que nos esperan na semana do entroido: mandas, visita dos Xenerais da Ulla, receitas de sobremesas do entroido e moito máis! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.