martes, 31 de xaneiro de 2023

 

Día da Paz e da non violencia

Este luns, 30 de xaneiro, con motivo da celebración do día da Paz e da non violencia realizamos unha presentación e exposición dos traballos feitos en cada unha das titorías sobre diferentes temáticas vinculadas co noso proxecto de centro (o clima, a paisaxe, a auga, a reciclaxe...) e, ao mesmo tempo, coa realidade que está a vivir Ucrania. Todos estes traballos compoñen o mural que se pode observar nun dos corredores do cole.

A maiores escoitamos unha versión da peza musical "La gran puerta de Kiev", tratando así de vivenciar musicalmente a admiración que o compositor Modest Mussorgsky tiña por esta cidade ucraniana, tan afectada polo actual conflito con Rusia. Seguidamente, compartimos o noso manifesto, lido por Agar e Alejandro, para rematar bailando ao son de "Progreso", unha canción do cantante brasileiro Roberto Carlos. 

Con estas actividades realizadas ao longo destes días tomamos conciencia de que a paz ha de estar presente sempre no noso día a día, comprometéndonos a loitar pola igualdade, rexeitar todo tipo de violencia, ser modelos de respecto e transmitir valores positivos para crear un mundo mellor.

Por último, deixamos uns vídeos nos que recollemos algúns dos momentos destas actividades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.