martes, 24 de xaneiro de 2023

Visita de David, apicultor da zona


O mércores 18 tivemos a visita de David, apicultor da zona que veu explicar como traballan as abellas e como están relacionadas co coidado do medioambiente. Nesta ocasión veu para explicarllo ao alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria, que elaborarán uns debuxos do tema e participarán nun concurso con outros centros na Feria do mel Alvariza esta fin de semana en Lalín. 

Volverá en breve para traballar con cativos de infantil que están a traballar no proxecto das abellas.

Grazas pola visita!!






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.