Día Internacional das persoas con discapacidade
Bo día familias!
Como sabedes, o próximo 3 de decembro celébrase o Día Internacional das persoas con discapacidade e no centro estamos traballando esta conmemoración.
Para isto, durante esta semana, nas sesións de educación física participamos en diversos xogos adaptados, coa finalidade de vivenciar as sensacións de persoas con distintas discapacidades.
A maiores, nas aulas coas titoras e titores traballamos seguindo a presentación que se recolle a continuación.
3D. Día internacional das persoas con discapacidade de Olalla AñónCon todas estas actividades tomaremos conciencia e nunca esqueceremos que a única discapacidade na vida é unha mala actitude!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.