mércores, 23 de novembro de 2022

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro estamos a realizar numerosas actividades no centro relacionadas co conto O chuvasqueiro de Aurora da autora María Márquez: lecturas, murais grupais, representacións teatrais, cancións adaptadas... Deixamos algunhas fotografías, iremos subindo máis nos vindeiros días, xa que seguiremos traballando e afondando nesta temática, poñendo os nosos grans de area para a construción dunha sociedade e dun mundo mellor, máis pacífico, solidario e respectuoso.




Por último, recollemos aquí algunhas das propostas de actividades que levaremos a cabo nos distintos cursos, todas elas relacionadas co conto traballado.



Outra actividade que se levou a cabo foi a saída ao Concello de Lalín para representar unha versión do conto "O chuvasqueiro de Auroa" e unha canción coa letra adaptada á conmemoración




                                           

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.