Día da Muller
Un ano máis, con
motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, dende o colexio reivindicamos
o papel da muller na nosa sociedade. No acto celebrado o propio 8 de marzo, comezamos
afondando na orixe desta data e da súa importancia. A maiores, e coa intención
de relacionar esta data co noso proxecto de centro "Compromiso co medio que nos rodea", traballamos a figura de Greta Thunberg,
destacando a súa labor activista e defensora do medio ambiente. Por último,
todas e todos compartimos co resto de alumnado e profesorado os distintos lemas
reinvidicativos medioambientais deseñados para este día e que conforman o noso
mural.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.