Día Internacional dos Bosques
Hoxe, 21 de marzo, celebramos no colexio o Día Internacional dos Bosques. Para isto, comezamos a mañá cunha charla da Garda Civil, enmarcada dentro do Plan Director, e na que todas e todos puidemos aprender moitas cousas sobre este corpo de Seguridade Pública e a súa importancia no coidado do medio ambiente: o seu Servizo de Protección da Natureza, a prevención dos incendios forestais...
Para rematar coa conmemoración, contamos coa visita de Paz Pérez, tenente de alcalde, e César Reboredo, concelleiro de Medio Ambiente do noso Concello, que nos agasallaron con exemplares de sobreira que cada un de nós plantaremos e coidaremos nos nosos fogares.
Moitas grazas, unha vez máis, pola vosa colaboración e por unirvos ao noso "Compromiso co medio que nos rodea".
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.