venres, 31 de marzo de 2023

Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo


Con motivo da conmemoración, o próximo 2 de abril, do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, ao longo desta semana realizamos distintas actividades nas que afondamos no Trastorno do Espectro do Autismo (TEA). Como broche final, hoxe venres, representamos o noso xesto polas persoas con TEA. O acto comezou coa lectura do noso manifesto para, seguidamente, unirnos todas e todos formando un infinito e alzando papeis azuis, xa que o infinito e a cor azul simbolizan o autismo.

Deste xeito, e un ano máis, dende o colexio alzamos as nosas voces para reivindicar a participación de todas as persoas con TEA na sociedade e facemos un chamamento a todo o mundo en xeral, e a outras nenas e nenos, en particular, para construír unha sociedade máis inclusiva na que todos e todas nos sintamos acollidos, respectados e valorados.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.