xoves, 13 de abril de 2023

Visita do Xefe Territorial

O pasado dia 12 acudiu ao centro o Xefe Territorial de Pontevedra César A. Pérez e Rosa, a arquitecta da Consellería, para informarnos de que se van levar a cabo as obras do patio de columnas que hai tempo que agardábamos, xa que estaba en moi mal estado. Estas obras vanse levar a cabo no período vacacional de verán, cando non haxa cativos no centro e sexa así máis seguro para todos. Cun orzamento de 48.000 euros, quedaría pechada esta fase de mellora do centro. Agradecemos a visita e as boas novas que nos trouxeron.
                                                

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.