martes, 25 de abril de 2023

Obradoiro de cultivo de fungos

O pasado mércores, levamos a cabo un obradoiro de cultivo de fungos, enmarcado no noso proxecto "Compromiso co medio que nos rodea" e impartido por Óscar e Lorena, membros da ANPA. Este taller desenvolveuse na carballeira e nel todas e todos puidemos participar e vivenciar o proceso de inoculación do cogomelo shiitake en troncos de carballo, así como aprender outras moitas curiosidades sobre os fungos (nutrición, consumo...).

Deixámosvos algunhas fotos desta fermosa xornada e aproveitamos, unha vez máis, para agradecer a colaboración da ANPA nas actividades que desenvolvemos no centro.










Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.