mércores, 10 de maio de 2023

Parladoiro sobre violencia de xénero

Esta mañá levouse a cabo unha charla sobre violencia de xénero da man da Garda Civil e incluída dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e a súa contorna.

Os destinatarios deste parladoiro foron as alumnas e os alumnos de 5º e 6º e nel abordáronse múltiples cuestións sobre esta temática (definicións, tipos de violencia, abordaxe, datos, vivencias...), facendo especial fincapé na necesidade de que tomemos conciencia para que, como futuras cidadás e cidadáns da sociedade, contribuamos á consecución dun mundo libre de violencia de xénero.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.