venres, 26 de maio de 2023

Campionato lalinense de atletismo


O xoves 26 de maio os alumnos e alumnas de 3º de Educación Primaria participaron no primeiro campionato de atletismo. Ao longo da mañá realizaron diferentes probas (salto de lonxitude, salto de altura, lanzamento de vórtex e carreira de 500 metros con pequenos valados ) para, finalmente, alzarse coa vitoria desta primeira edición do campionato lalinense de atletismo.

Foi, sen dúbida ningunha, unha xornada inesquecible na que os cativos e cativas tiveron oportunidade de achegarse ao atletismo e, ao mesmo tempo, compartiron momentos e desfrutaron con nenas e nenos doutros colexios do Concello. 

Moitos parabéns a estes rapaces e rapazas que, unha vez máis, demostraron que o traballo en equipo sempre dá bos resultados!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.