mércores, 7 de xuño de 2023

Fai clic ao teu bocata

 O pasado 23 de maio, todo o alumnado  do  colexio  participou  nun  obradoiro  pertencente  á   modalidade  de  “Fai  clic  ao  teu  bocata”  do  programa  Aliméntate  ben,  do   Plan  Proxecta. 

Puideron  participar  nun  obradoiro  relacionado  cós  beneficios  do  consumo  dos  produtos  do  mar, sobre  todo, das  conservas. Fixeron  xogos  de  pesca  e  distribución  de  peixes  e  moluscos; viron  algúns  dos  aparellos  que  se  empregan  para  a  pesca  e  para  a  recollida  do  mexillón; así  como, a  explicación  nun  vídeo  do  proceso  que  vai  dende  a  pesca   deses  produtos  ata  que  se  venden   nun  mercado  ou  nun  supermercado.

Para  rematar,  tendo  en   conta  as  posibles  intolerancias  e  alerxias  do  alumnado,  comeron  un  bocadillo  con  alimentos  saudables  como  o  mexillón, a  sardiña, a  leituga, o  tomate  ou  a  cebola.

                  

                   



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.