martes, 13 de xuño de 2023

CONCURSO DÍA MUNDIAL DA ABELLA

  O pasado 20 de maio celebrouse o Día Mundial da Abella e a Asociación Galega de Apicultura, AGA, convocou un concurso escolar dirixido a educación infantil e primaria. Os rapaces e rapazas debían  de facer un traballo de investigación sobre as abellas e plasmalo nun mural informativo. O alumnado do ciclo de infantil do noso colexio participou no concurso creando un video e un mural ilustrativo cos que conseguiron un premio. Hoxe dúas representantes de AGA achegáronse ao noso centro para facerlles entrega do material didáctico escolar que obtiveron ao ser premiados e premiadas.

 Noraboa polo bo traballo! 







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.