sábado, 10 de febreiro de 2024

23 de febreiro de 2024

 DÍDE ROSALÍA

Rosalía de Castro é unha figura fundamental para a lingua e a cultura galega. E esta é  unha data especial, na que a sociedade galega se contempla a si mesma para entenderse e recoñecerse e para festexar a propia  identidade. Os versos e as palabras de Rosalía son esixentes e requiren da nosa lectura profunda, da nosa escoita e da nosa mirada atenta. A súa obra, a súa vida, o seu padecemento, o seu ollar, o seu sentir, son a alma enteira da nosa Terra. Os versos rosalianos semellan andoriñas viaxeiras de eterno retorno, son verdadeiros cantos de esperanza. Son moitos os poemas nos que Rosalía manifesta un fondo compromiso con Galicia,  cos galegos e as galegas, coa lingua, coa cultura e tamén co medio ambiente

Rosalía de Castro é unha muller que marcou historia  en Galicia e  no mundo  enteiro,  unha  das escritoras   máis  importantes. A súa expresividade e a súa forma de contar o día a día coa súa poesía, converteuna nun símbolo da Nosa Terra. Por iso é a galega máis querida e máis importante da nosa historia.

Para festexar esta día, o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria do CEIP Xoaquín Loriga preparou  unha curta sobre a vida e recitado de poemas desta grande escritora, tomados do libro "Rosalía" de Helena Villar Janeiro.

Tamén queremos agradecer ao alumnado de primeiro curso do CEIP Nosa Señora de Xuvencos, en Boborás, por compartir con nós a súa Rosalía. Que alegría comprobar que Rosalía de Castro é tan querida por todos os nenos e nenas de Galicia.  Moitas, moitas grazas!!!

Seguro que xa sabes moitas cousas da nosa homenaxeada así que anímate con este  "Genially" e descubre á Rosalía que os nenos e nanas deste colexio che queren mostrar. 


Seguindo o exemplo de Rosalía, é fácil comprender que a indiferenza a todo o que acontece ao noso redor non é a mellor resposta. A natureza merece ser oída e  todos nós debemos escoitar as súas chamadas de auxilio. No CEIP Xoaquín Loriga asinamos ese compromiso co medio que nos rodea, de amor a Galicia e respecto á nosa cultura e á nosa lingua. E que mellor maneira de facelo que lendo algúns dos seus poemas e cantando a Alborada,  todos xuntos na biblioteca do centro. 

Tempo de Rosalía: Neste enlace podes ler  algún dos fermosos poemas de Rosalía nos seus libros "Cantares  gallegos" e "Follas novas".
UD sobre Rosalía. Neste enlace podes descargar  unha Unidade Didáctica  para saber máis de Rosalía. Hache de gustar!
             

        

   A continuación podedes visitar de xeito virtual o Museo de Rosalía na casa de Matanzas,  en Padrón, restaurada no ano 1971. 


Non esquezas tomar o caldo de gloria, pero antes anímate a ler o poema Miña casiña, meu lar".
Escoita os consellos  de como facer o caldo de gloria que o restaurador Suso Dezaseis nos dá canda a cantora Uxía.
  
Aquí che deixamos outros recursos que poden resultar interesantes para conmemorar este día.
Adiós ríos, adiós fontes, por Elefantes con Amancio Prada.

Poema musicado con Versión RAP para os máis novos.
 Un proxecto do alumnado do CEIP Fogar Santa Margarida co gallo do Día de Rosalía 
Poema musicado por Amacio Prada (Presentación)
 
Podes realizar unha visita ao Museo de xeito dramatizado, guiados pola propia Rosalía e o seu amigo Brocos. Esta visita está interpretada polo grupo teatral "Os Quinquilláns"  coa colaboración da Casa-Museo e Fundación Rosalía de Castro.
 
- Libro sobre un dos poemas de Rosalía de Castro: “Parece unha rosa”, de Espiral Maior.
                                        
- Poema musicado por Amancio Prada: "Adiós ríos, adiós fontes.  
 Poema musicado por Uxía: "Maio longo":         

- Poema musicado por Guadi Galego: "Tecín soia a miña tea"  
- Poema musicado por Adriano Correia de Oliveira: "Cantar de emigración"  
 
Compartimos o libro, "Rosalía", de Helena Villar Janeiro sobre o que fixemos a curta no centro para saber máis desta grande escritora e achegar toda a información  ao noso alumnado. E sen esquecer recitar algúns dos seus fermosos poemas.
E se  desexas comprobar o que sabes sobre Rosalía, atrévete con este Genially, proposto pola Casa Museo de Rosalía. 



💚💚💚💚💚💚💚💚💚💚💚💚💚💚💚💚

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.