martes, 6 de febreiro de 2024

O Entroido no CEIP Xoaquín Loriga


"O cocido de Lalín"

Estamos na antesala da celebración do Entroido, unha festa tradicional  que está moi arraigada na nosa comunidade. No colexio,  a celebración do Entroido 2024  dedicarémola ao Entroido de Lalín e máis  concretamente a "LVI Feira do cocido de Lalín". 

Este é o cartel deseñado polo alumnado de 5º curso onde se recollen as actividades que se van desenvolver ao longo desta semana.

No colexio todos os cursos estamos a traballar na procura de información relacionada con esta festa, declarada de Interese Turístico Internacional e na que a gastronomía xoga un papel moi importante.

Dende o luns 5 ao venres 9 de febreiro, algarabía e  animación no colexio non van faltar,  como non podía ser doutra maneira. E para rematar, o venres, a festa grande con animación dos Cacharelos de Lalín e baile de disfraces.  

Neste "Genially" podes ver un pequeno resumo do que vai ser a semana do Entroido no CEIP Xoaquín Loriga. Tamén as colaboracións de todo o alumnado do centro que participou cos seus interesantes traballos e vídeos, aportando moita información sobre a Feira do cocido de Lalín.👇

Comezamos a semana coas Mandas do Entroidorelacionadas co proxecto anual de centro "A defensa das nosas especies: o noso mellor legado"· Por iso non esquezas aplicar a regra dos tres R. Non é necesario mercar desfraces novos, podes reutilizar os que teñas doutros anos, reciclar  poñéndolle moita imaxinación e darlle un toque divertido, relacionado cos animaliños do teu proxecto de aula.

Aquí che deixamos as mandas do entroido para  a semana do 5 ao 9 de febreiro,  como vén sendo habitual no noso carnaval, pero non esquezas comprobar  no centro, porque quen se encarga de anunciar a manda de cada día é o porquiño realizado polo alumnado de Educación Infantil e Aula Específica.

Non esquezas participar!
E Viva a Festa!!!!
Cos Cachararelos do Barrio da Cacharela. Lal´lin
   
  
A regueifa💚
Se queres saber algo máis sobre a celebración do Entroido na nosa comunidade, aquí che deixamos algo que pode resultar do teu interese.
Tamén podes practicar no xogo "Atopa a parella" sobre os protagonistas do Entroido galego.


Cantigas do entroido en galego


Unidade didáctica sobre o Entroido
O cocido no entroido

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.