domingo, 24 de novembro de 2024

25 N: Día Internacional contra a violencia de xénero

Hoxe é 25 de novembro Día Internacional contra a Violencia de Xénero, unha data crucial para promover a igualdade e o respecto entre todos os nosos alumnos e alumnas. Co obxectivo de sensibilizar aos máis pequenos sobre a importancia deste día, organizamos diversas actividades educativas e didácticas adaptadas á súa idade.

Estes vídeos axúdannos a reflexionar e entender mellor este problema social tan grave. Aquí deixámosvos un resumo deles:

1.  En el mundo de los niños, no se pega a las mujeres: A través das voces doutros nenos e nenas, este vídeo móstranos por que é fundamental rexeitar a violencia e promover a igualdade desde pequenos.

2. Cuéntalo, hay salida a la violencia de género: Este vídeo forma parte dunha campaña do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. Ensinounos a importancia de detectar as primeiras manifestacións de maltrato e como podemos actuar para previlo. Sempre hai unha saída e que é importante falar e buscar axuda.

3. SuperLola contra la violencia de género é un curtametraxe animado que ensina aos nenos e nenas a loitar contra a violencia de xénero de maneira divertida e educativa. SuperLola é unha superheroína que soña cun mundo mellor onde todos se sintan libres para facer o que queiran, sen estereotipos de xénero. A través das súas aventuras, SuperLola mostra que todos podemos ser heroes e heroínas na loita pola igualdade e o respecto.

Cómpre resaltar a importancia de tratar a todos con respecto e visualizar como podemos contribuír a un mundo sen violencia de xénero desde a nosa comunidade 

Hoxe ás 12:00 acudiremos ao Auditorio do Concello de Lalín, onde o alumnado de 6º EP representará a obra de teatro VIDA e a canción EMERXENCIA CLIMÁTICA. Deixamos un vídeo coa súa actuación



O alumnado de 6º de Educación Infantil quiso conmemorar este día solicitando a colaboración das familias cuns zapatos vellos pintados de cor vermella, en relación cun proxecto ideado en 2009 pola arquitecta  mexicana Elina Chauvert, para concienciar sobre a violencia de xénero.






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.