Xa remantando o trimestre e preparándonos para as vacacións, tivemos a visita do Papá Noel, que aínda que non se atopaba ben de todo fixo o esforzo de vir visitarnos e recoller as cartas que tiñamos preparadas. Agradecer ao Concello de Lalín que lle deixara aparcar o trineo cos renos para poder chegar ata aquí.
Algúns tivemos algo de medo pero logo de falar con él pasáronnos todos os medos. Podedes ver todas as fotos AQUÍ.
O último día de Colexio antes das vacacións tamén fomos ao cine a ver Vaiana II, pasámolo xenial todos xuntos!!! Para moitos era a primeira vez que íamos ao cine.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.