venres, 7 de febreiro de 2025

Día escolar da non violencia e da paz

 O  30 de xaneiro conmemoramos o día da Paz e da non violencia. Para este día o equipo de actividades extraescolares animounos a participar con varias actividades nesa semana.

Fixemos un obradoiro de papiroflexia onde creamos coas nosas mans unhas pombas que cubriron o ceo da nosa entrada. Deixamos algunhas fotos, pero podedes ver o resto na galería de imaxes que temos na web do centro

                

                

                

               



Tamén decoramos a cancela con lazos onde todos escribiron palabras ou frases que están relacionadas coa non violencia e a resolución pacífica de conflitos.

              

               



                



                







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.