Esta semana tivemos moitas actividades de deporte escolar que houbo que cambiar de data por mor do tempo. Pero por fin chegou o día e fomos a Silleda e a Portas a competir.
O alumnado de 5º e 6º de EP participou o mércores 5 de febreiro nun partido de Fútbol Sala contra outro alumnado da comarca e quedamos nun segundo posto, así que parabéns a todos os participantes!!
O alumnado de 2º de EP participou ao día seguinte nunha carreira en portas co resto do alumnado da zona de Pontevedra Norte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.