xoves, 30 de outubro de 2025

ARTE POLO SAMAÍN

 

DÍA DE FESTA !


Hoxe celebramos o Samaín da man do sétimo arte, bailes e degustacións de comidas terroríficas!





Xa levamos uns días traballando arreo na creación dos cemiterios cas súas lápidas tenebrosas e coa decoración das máscaras que vagan tal almas en pena.




O alumnado de Educación Infantil gozou dun taller artístico onde as froitas cobraron vida antes de ser sacrificadas polas súas bocas famentas e dispostas a non deixar nada!


No comedor tamén houbo menú temático, música e unha pequena sorpresa para despedir, un curso máis, unha das festas máis desexadas polo alumnado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.