xoves, 6 de novembro de 2025

Celebración do día das escritoras e dia do lector

  •  Día das Escritoras
  • Día do Lector e da lectora
  • "Aniversario Xosé Neira Vilas"

Este curso, no CEIP XOAQUÍN LORIGA pareceunos moi interesante traballar estas conmemoracións conxuntamente, por suposto, sen sacarlle protagonismo a cada unha delas.

Neste video que editamos vemos un pouquiño do que fixemos ao longo destas semanas, desde o 13 de Outubro "Dia das escritora  ata o 3 de Novembro "Dia do lector e da lectora, conmemorando igualmente o aniversario de Xosé Neira Vilas.

Queremos darlle as grazas á escritora Charo Golmar, polas mostras de cariño que sempre manifesta hacia os nenos e nenas.

Nesta ocasión para conmemorar o "Dia do lector e lectora xunto co aniversario de Neira Vilas, enviounos un video onde nos contaba a vida e obras deste gran escritor e da súa muller, tamen excritora Anisia Miranda.

Propúxonos que fixeramo un "XARDÍN" para o noso cole, un xardín como fixo Xose´ Neira Vilas no libro de poesia infantil que leva por titulo "O xardín de Irene".

Unha obra onde xoga a través das palabras, palabras en galego, para fomentar sobre todo o respecto à natureza.

Un canto à beleza dos espazos naturais e ao coidado da terra.







                             




























Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.