venres, 14 de novembro de 2025

Magosto 2025 cos seus xogos populares e xogos de robótica

 As follas e ourizos caen en dan a benvida ao Outono e con el o tempo de asar castañas e celebrar o magosto no noso cole con distintas actividades.

Os peques do cole buscaron información sobre esta festa tan tradicional en Galicia

                                                   




A data para celebrar o magosto foi o 11 de novembro, pero ao longo da semana fixemos distintas actividades relacionadas con esta festa e co proxecto de centro “Coida do clima, coida dos teus”, en distintas sesións de Educación Física os nenos e nenas xogaron con xogos populares e tamén co robot Pipo.

Os propios nenos e nenas buscaron información e elaboraron por cursos e niveis as distintas tarxetas que empregarían para completar o panel de robótica.

Os temas sobre os que investigaron e elaboraron para facer as tarxetas foron os seguintes:

-          Educación Infantil: “ O outono” (cores, cambios na paisaxe, contos e cancións).

-          1º Ciclo Primaria: “O magosto”

-          2º Ciclo Primaria: “ Árbores autóctonos”

-          3º Ciclo Primaria: “Froitos do outono”

E aquí temos o resultado destas tarxetas tan orixinais as que o noso Robot “Pipo” debe chegar segundo as preguntas, retos ou probas que nos propoñan.






Agora podedes ver un pequeno resumo destas actividades e do propio día do Magosto.


Dar as grazas as familias que de forma voluntaria elaboraron cos seus peques receitas nas que empregaron castañas como un dos seus ingredientes.

Esperamos que gozarades moito desta actividade!

 

Deixámosvos unha pequena representación dixital desas receitas tan saborosas, dende logo sodes uns auténticos cociñeiros!

Dicir que unha destas receitas foi elaborada no comedor escolar para degustar como sobremesa o día que celebramos o magosto.


Por último, deixámosvos un Genially que consiste nun rosco sobre o magosto feito polos nenos e nenas de 4º de Primaria.

Con él aprendemos e reforzamos moito vocabulario na nosa lingua galega á vez que desfrutamos xogando.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.